Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

A Biblioteca Nodal acolle tres mostras do Belén de Begonte

Por 23 Decembro, 2022Sin comentarios

A Biblioteca provincial de Lugo acolle ata o próximo seis de xaneiro unha triple exposición sobre o Belén de Begonte con motivo do cincuenta aniversario desta instalación cultural.

A mostra  50 anos do Belén de Begonte recolle o nacemento e historia do Belén, a súa actividade cultural e a repercusión social en Begonte e a Terra Chá neste medio século de existencia.

A segunda das mostras, Imaxes e palabras do Belén recollle unha selección de poemas que no decurso destes anos foron premiadas no Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal, que o Centro cultural José Domínguez Guizàn, impulsor do Belén, ven convocando anualmente, cun amplo abano de fotografías obtidas por membros do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, que colabora na exposición.

Na Biblioteca tense inciorporado unha terceira exposición a Mostra bibliográfica de medio século do Belén de Begonte cos carteis, programas, folletos, calendarios, convocatorias e libros que se teñen publicado arredor do Belén, que por primeira vez se reúnen para mostrar en públicos anacos da historia do Belén e do Centro cultural que o impulsa.