Skip to main content
Lugo

O BNG continuará coa campaña ‘Lugo Quere Tren’ en 2023

Por 29 Decembro, 2022Sin comentarios

Rubén Arroxo aproveitou o pleno o último pleno do ano para informar que o BNG continuará coa campaña Lugo Quere Tren durante o primeiro trimestre do 2023 que que realizarán “novas accións reivindicativas para facer que Lugo teña as condicións ferroviarias que merece”

“A día de hoxe Lugo é a única cidade galega que queda descolgada de toda a conexión ferroviaria e polo tanto e preciso que sigamos reivindicando e que continuemos animando a veciñanza de Lugo a que participe de todas as acción que levemos a cabo” así o declarou esta mañá o  tenente alcalde.

O BNG participou recentemente na concentración con maletas realizada diante da estación do tren de Lugo. Todas as persoas que estudan e traballan fora de Lugo teñen moi difícil voltar e saír da cidade cando teñen que utilizar medios de transporte público e por isto o BNG e Galiza Nova convocaron a concentración do pasado 24 de decembro.