Skip to main content
Lugo

A Plataforma pola Defensa da Sanidad e as especialidades do Hula volve reclamar unha unidade de Ictus

Por 31 Decembro, 2022Sin comentarios

A Plataforma en Defensa da Sanidade e especialidades do Hula continúa na súa loita pola consecución dunha unidade de Ictus na capital case 6 anos despois da primeira demanda dunha unidades especializada en infarto cerebral.

As reclamacións ante a Consellería de Sanidade, o Sergas e todos os seus estamentos son, entre outras cousas un neurólogo de garda as 24 horas do día, con presencia física no Hula e outro, tamén de garda 24 horas, con presencia para o diagnóstico e tratamentos.

Esixen tamén un equipo de enfermería cunha ratio dun enfermeiro por cada catro camas as 24 horas do día, unha unidade de camas específicas para Ictus, dotación de monitorización neurolóxica, así como un servizo de rehabilitación global especifico “con axuda á adaptación no fogar, servizos de apoio á mobilidade, aportación de servizo de fisioterapia ao ictus, axuda a pacientes que precisan dun Neuropsicólogo, colaboración de logopeda, plan de rehabilitación cognitiva, axuda social e económica”.

Dende a plataforma piden “un traballo real e que deixen de estar a manipular con proxectos eternos e dispoñan xa os equipos persoais para cada subunidad”.

Dende a plataforma tamén denuncian “a pésima xestión en Atención Primaria levada a cabo polo Conselleiro de Sanidade e a directora de Atención Primaria, xa que estes servizos pola súa pésima xestión, os seus recortes en persoal e dotacións que veñen xa da era Feijoo, que con ánimo privatizador tentaron desmontar a Atención Primaria e a Sanidade Pública”.