Skip to main content
Navia de Suarna

Navia acolle a presentación do novo traballo de Xavier Vizcaíno

Por 7 Decembro, 2022Sin comentarios

A Proba de Navia acolle a presentación do novo traballo de Xabier Vizcaíno o sábado 10 de decembro ás 19.00 no bar Suarna, con entrada libre e organizado pola Asociación Irmandade Naviega.

Este novo traballo de Xavier é un libro disco que leva por título Neno de Monte onde o artista fai unha homenaxe ao mundo rural; ás xentes, ó mar e ó monte onde reside o autor.

O traballo conta con cinco relatos que rescatou da lingua de seus avós e onde puxo as súas maneiras tamen como contador de historias.

A estes relatos danlles abrigo seis cancións con tintes acústicos moi ben engraxadas e que contan historias de monte e de mar que foron creadas na  Palleira, o estudo de gravación que Xabier ten en Goo, no Incio, na Terra Brava de Anxel Fole.

O libro está ilustrado dixitalmente coa técnica chamada de tramado cruzado e foi levado a cabo por o artista colombiano Andrés Wolf que colabora con Xabier desde o primeiro traballo.