Skip to main content
Navia de Suarna

Navia acolle un recital poético este sábado

Por 16 Decembro, 2022Decembro 17th, 2022Sin comentarios

A Proba de Navia acolle o II Recital poético musical SOS Castelo de Navia.

A xornada dará comezo ás 11.30 cun paseo poético que se estenderá ata ás 14.00.

Dende ás 14.15 haberá un xantar colectivo para continuar con outro paseo poético de 16.00 a 18.00.

Durante a tarde, ás 18.30 haberá un recital poético musical na cafetería Suarna con entrada libre na que participarán máis de dez poetas e estarán acompañados coa música de Gure Terra.

A partir das 21.00 haberá unha cea con pinchos e para rematar a xornada cantos e bailes dende ás 22.30 ata ás 24.00.