Skip to main content
Antas de UllaMonterrosoO PáramoPalas de ReiPortomarín

Os participantes do Programa Integrado e Emprego reciben os diplomas

Por 5 Decembro, 2022Sin comentarios

O centear de participantes no Programa Integrado de Emprego promovido dende os Concellos de Palas de Rei, Monterroso Portomarín, Guntín, Antas de Ulla e o Páramo; financiado pola consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, recibiron os diplomas acreditativos da súa formación da man dos alcaldes de: Palas de Rei, Pablo Taboada; Monterroso, Rocio Seijas; Portomarín, Pablo Rivas; e Guntín, Maria José Gomez; do Páramo, José Luis López así como da Xefa Territorial de Emprego e Igualdade, Pilar Fernández.

O Programa Integrado de Emprego, ademais de contar con participación dos concellos que o promoveron, tamén acolleu as participantes dos concellos de provincia da Coruña como: Melide, Arzúa, Sobrado, Boimorto, Toques e Santiso. As mulleres participantes no mesmo, contaron con orientación laboral por parte das técnicas do programa, levándose  a cabo a labor de prospección e intermediación laboral nos citados concellos, para así fomentar a inserción laboral.

Leváronse a cabo 376 accións formativas, repartidas en  30 cursos do cátalogo de especialidades formativas do SEPE de distinta temática, entre os que cabe destacar: ofimática, firma electrónica, condución de carretillas elevadoras, inglés profesional para o turismo, comunicación dixital, monitor de tempo libre, limpeza en instalacións e equipamentos industriais, etc. Así como, tamén se desenvolveron as prácticas nas empresas da zona para acadar unha mellor cualificación e procurar a inserción laboral, ademais de atopar persoal cualificado para as empresas.