Skip to main content
Chantada

Durante este mes de decembro pódese visitar en Chantada unha exposición de pintura

Por 12 Decembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A Casa da Cultura do concello de Chantada acolle durante este mes de decembro unha exposición de traballos de pintura en tea e óleo.

Os alumnos e alumnas encargados de realizar estes traballos son os integrantes dos cursos gratuítos para maiores organizados polos Servizos Socias do Concello de Chantada que están a ter lugar no municipio dende este outono.

Os seus traballos poderanse ver durante todo este mes de decembro na exposición que organiza o Concello de Chantada, unha iniciativa chea de orixinalidade e cor que pon en marcha a creatividade dos maiores chantadinos.