Skip to main content
Folgoso do Courel

O Courel acolle unha xornada sobre actuacións fronte aos incendios

Por 16 Decembro, 2022Decembro 19th, 2022Sin comentarios

A Estación Científica do Courel acollerá unha xornada sobre o papel das actividades agrogandeiras fronte aos incendios o sábado a partir das 9.30.

O evento organizado pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes conta co apoio de Medio Rural da Deputación de Lugo na organización da xornadas “As actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña”, que se celebrará o sábado na Estación Científica do Courel da USC en Seoane do Courel.

A deputada de Medio Rural Mónica Freire participará na apertura da xornada, na que intervirán especialistas en enxeñería agrícola e forestal, investigadores e gandeiros e gandeiras das comarcas da montaña lucense, e na que se abordará, desde distintas perspectivas, o papel das actividades agrogandeiras como freo aos incendios en zonas de montaña.