Skip to main content
Monforte

Monforte acolle este domingo o espectáculo Alquimia do Mago Teto

Por 2 Decembro, 2022Decembro 4th, 2022Sin comentarios

O teatro volve ser protagonista da actividade cultural deseñada polo Concello de Monforte no segundo semestre deste ano 2022, con unha nova peza teatral, a última deste ciclo, que ademais está incluída no programa de actividades de Nadal do Concello de Monforte.

Deste xeito, dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, este domingo 4 de decembro ás 18.00 no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena do espectáculo para público infantil e familiar titulado Alquimia, do Mago Teto.

É unha obra dirixida a público adulto, cun prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

Sinopse

Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal.

O soño dos alquimistas era dominar a natureza, o lume, e finalmente o tempo. Os alquimistas crían que a pedra filosofal podería concederlles tanto a cura de todas as enfermidades para gozar da vida eterna como a riqueza, transformando metais en ouro. Cando conseguían estes logros, coñecíase como A gran Obr”.

Nesta nova aventura, o mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, ponse na pel dos alquimistas perseguindo o seu soño e buscando a pedra filosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ó corazón.

Auga, terra, lume e aire farán posible esta nova aventura do mago Teto.