Skip to main content
Monforte

Monforte recibe á ximnasta búlgara e medallista mundial Stiliana Nikolov

Por 11 Decembro, 2022Decembro 12th, 2022Sin comentarios

O concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, deu a benvida en Monforte á medallista mundial de ximnasia rítmica, a búlgara Stiliana Nikolova, quen impartiu unha masterclass no Pavillón polideportivo municipal de A Pinguela, convidada polo Clube Quicela.

A ximnasta, que está a pasar 4 días en España coa súa adestradora e a da selección búlgara Valentina Ivanova, impartirá 3 masterclass, unha delas na cidade de Monforte, poñendo esta ó nivel de Madrid e Zaragoza, que son os únicos sitios nos que poderán disfrutar da mellor ximnasia do mundo.

José Manuel Mougán, deulle a benvida en nome de todo o Equipo de Goberno e de todos os monfortinos e monfortinas, e obsequiou á ximnasta cun trofeo réplica da Ponte Vella así coma un libro que inclúe fotos emblemáticas da cidade do Cabe.