Skip to main content
Monforte

O Concello de Monforte celebra a súa XXII Mostra de Panxoliñas

Por 14 Decembro, 2022Sin comentarios

Un ano máis, o Concello de Monforte celebra este xoves, 15 de decembro, a XXII Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino do Concello de Monforte de Lemos, organizada pola Concellería de Cultura.

Nenas e nenos de diferentes centros educativos da cidade interpretarán composicións musicais de Nadal no Edificio Multiusos ás 18:00 horas co fin de espertar, un ano máis, a afección ao canto coral e á música entre os cativos do municipio.

A última edición deste certame foi en 2019, e por mor da pandemia da Covid-19, non se puido volver celebrar ata o presente ano.

Nesta vixésimo segunda edición os centros de ensino participantes son o Colexio PP. Escolapios, a Fundación Educativa Torre De Lemos e o Colexio P. Ferroviario.