Skip to main content
Monforte

A Fundación Belarmino Fernández organiza un curso gratuíto de cociña

Por 22 Decembro, 2022Xaneiro 18th, 2023Sin comentarios

A Fundación Belarmino Fernández Iglesias de Sober organiza un curso gratuíto de cociña para desempregados a partir de xaneiro.

É totalmente subvencionado e conta con becas e axudas para o transporte, facilitando así aos asistentes a súa participación, que poderán facer prácticas no estranxeiro grazas ao programa Erasmus.

Ao rematar a formación, os asistentes recibirán o Certificado de Profesionalidade de nivel 2.

Aquelas persoas que desexen realizar o curso deben estar anotados como demandantes de emprego no SEPE e ter a titulación de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente. Pódense consultar todos os requisitos e datas de todos os cursos de Formación Ocupacional na súa web.

Os interesados en participar poden atopar toda a información complementaria no correo cpr.belarmino@edu.xunta.gal ou no número de teléfono 982 460 469.