Skip to main content
Monforte

O tráfico da Ponte Vella de Monforte estará cortado esta mañá

Por 23 Decembro, 2022Decembro 24th, 2022Sin comentarios

O Concello informa que mañá venres cortará ó tráfico de peóns e vehículos pola Ponte Vella para a retirada de ramas e troncos a partir das 09.00 da mañá.

O motivo é acometer a retirada de ramas e troncos arrastrados pola corrente, debido á choiva dos últimos días, restos que se foron acumulando nos piares da Ponte Medieval. Os traballos de retirada serán levados a cabo pola Brigada Municipal de Parques e Xardíns do Concello.

Ó corte ó tráfico de vehículos e peóns da Ponte, que será levado a cabo pola Policía Local, manterase mentres duren estes traballos de limpeza.