Skip to main content
A Pobra do Brollón

O Apalpador sorprendeu coa súa vista aos residentes do Centro de Día da Pobra de Brollón

Por 28 Decembro, 2022Decembro 29th, 2022Sin comentarios

O Apalpador Guímaro fixo unha visita ao Centro de Día da Pobra do Brollón para darlles unha alegría aos máis maiores e residentes que viven estas datas con máis nostalxia e, moitas veces, soidade.

O alcalde da Pobra, Xosé Lois Maceda, xunto coa educadora familiar Mónica Carballo, acompañaron ao Apalpador, que foi recibido con moito espírito festivo, decoración de Nadal e gorros de Santa Claus incluídos.

Durante a cita, tanto o Apalpador como os seus acompañantes deseáronlle aos usuarios e usuarias e persoal do Centro unhas felices festas e entregáronlles postais de Nadal.

Por último, aproveitaron para facer entrega das botellas de agua de aluminio da campaña do 25N, para comezar o ano novo sendo máis respectuosos coa terra.