Skip to main content
Quiroga

José Manuel Pol González é o novo candidato do PP para a alcaldía de Quiroga

Por 26 Decembro, 2022Sin comentarios

José Manuel Pol González é o novo candidato do PP á alcaldía de Quiroga tras unha reunión de afiliados e simpatizantes celebrada no Centro Social do municipio.

Neste encontro participaron membros da dirección provincial do partido, entre eles, o coordinador xeral, José Manuel Balseiro Ourol e o actual alcalde do municipio, Julio Álvarez, que se retira da vida pública e delega a responsabilidade en persoas con capacidade suficiente para darlle o relevo.

O coordinador xeral explicou que o obxectivo nestas vindeiras eleccións municipais é “revalidar a maioría nun Concello no que levamos gobernando desde hai 36 anos o que supón un claro exemplo e un referente dos bos resultados das políticas do noso partido en tódolos eidos”.

Novo candidato do PP

A dirección provincial aposta pola por un candidato coñecido en Quiroga pola súa seriedade, humildade e respecto polas institucións e os veciños do municipio, xa que leva 35 anos ao fronte da xestoría Rozas-Campos, onde colleu a experiencia necesaria para facer fronte a “unha responsabilidade tan grande como é ser candidato á alcaldía de Quiroga”.

“Traballaremos polas demandas que nos trasladen os veciños e escoitaremos as súas preocupacións para entre todos facer de Quiroga un municipio mellor”, engade Pol González.

Desta maneira, José Manuel Pol reemplaza a Julio Álvarez Núñez, que leva 36 años gobernando Quiroga de forma ininterrumpida, con nove maiorías absolutas.