Skip to main content
Taboada

Taboaba proxecta o documental Quererla es Crearla a prol da educación inclusiva

Por 5 Decembro, 2022Decembro 7th, 2022Sin comentarios

Este venres 9 de decembro o Concello de Taboada proxectará o documental de Cecilia Barriga Quererla es Crearla, no que se aborda o sentido profundamente humano da educación inclusiva e a necesidade de xerar un movemento social que a faga realidade.

A proxección terá lugar o 9 de decembro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Taboada e está organizada pola Asociación Sociocultural e de Veciños de San Martiño.

Quererla es Crearla é un documental de 84 minutos de duración dirixido por Cecilia Barriga. É un documental acerca dun dereito, unha necesidade, un desexo, un compromiso político e unha posibilidade: facer que nas escolas tódalas persoas poidan aprender a vivir xuntas. Construír sociedades inclusivas require desmontar os perxuizos que temos sobre a diversidade e as diferenzas, para o que precisamos revisar as escolas nas que parte do alumnado non ten cabida, é maltratado e segregado, mentres o resto aprende a ver a discriminación como algo correcto e desexable.

A película reflexiona sobre esta realidade a través de diversas historias que se entrecruzan na defensa do dereito á educación inclusiva. Arrinca co caso de Rubén Calleja, que foi expulsado da súa escola primaria e obrigado a ser escolarizado nun centro de educación especial, algo que a súa familia negouse a acatar. Tras anos de loita legal, Rubén obtén o respaldo de Nacións Unidas, cunha sentencia pioneira en contra do sistema educativo español. A educación inclusiva é un derecho fundamental, que habilita a posibilidade de participar no mundo.

A historia de Rubén é o hilo conductor doutras loitas, máis profundas e complexas que a xurídica, que comparten un grupo de estudantes e as súas familias: as que se refiren ós idearios compartidos socialmente, á cultura, ás políticas e ás prácticas escolares que discriminan fortemente por capacidade, orixe social, xénero, etnia, saúde, orientación sexual, nacionalidade… Pero que tamén perxudican a quen non entra nesas categorías, porque ninguén pode axustarse á normalidade á que sirven as escolas.

Co trasfondo dunha loita que ten que ser compartida por toda a población, este grupo de persoas amosa a necesidade de saír das súas insoportables situacións opresivas, á vez que nos introducen nos soños cotidiás, sencillos e ilusionantes de calquera persoa, as súas accións para facelos realidade, as pequenas cousas que conforman o día a día… Pero por riba de todo, o film é o testimonio dun movemento colectivo: a inclusión non é algo lonxano e inalcanzable, senón unha experiencia real que viven moitas persoas hoxe, que profundiza na diversidade e, polo tanto, na nosa natureza humana.