Skip to main content
Taboada

Volve o mercado Petiscos de Nadal de Taboada

Por 16 Decembro, 2022Decembro 17th, 2022Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes e Industrias de Taboada organiza a segunda edición do mercado Petiscos de Nadal co apoio da Deputación de Lugo o vindeiro sábado 17 de decembro na praza de Riazón deste municipio da Ribeira Sacra.

García Porto celebrou a boa acollida da primeira edición e destacou que “unha das principais liñas de actuación desta Deputación é o apoio ós sectores produtivos, sobre todo ós estratéxicos e os que contan cun gran potencial na nosa provincia”

Este mercado busca promocionar e poñer en valor os produtos e a gastronomía da Ribeira Sacra con todo tipo de expositores artesanais conta cunha achega da institución provincial de 6.000€.

García Porto destacou que “desde o inicio do mandato, unha das principais liñas de actuación desta Deputación é o apoio ós sectores produtivos, sobre todo ós que son estratéxicos e que contan cun gran potencial na nosa provincia, como son o primario e o de servizos”.

A Deputada explicou que “a artesanía e a posta en valor dos produtos locais son un elemento a potenciar”. “Debemos manter e recuperar as tradicións, pero tamén achegar ó rural as novas tecnoloxías que permitan dar a coñecer eses produtos, e as infraestruturas viarias que permitan comercializalos”, destacou.

O programa

Ademais de artesanía, o evento contará con postos e actividades para todos os públicos e coincidirá no tempo co concurso de tapas de nadal na hostalaría de Taboada.

O venres 16 de decembro, como antesala á apertura do mercado, ás 19.00 horas iniciarase o concurso de Tapas de Nadal na Hostalería de Taboada e ás 20.00 horas terá lugar a proxección do documental El último de Arganeo, na Casa Cuartel.

O sábado abrirase o mercado Petiscos de Nadal ás 12.00 coa actuación de Rechouchíos e durante todo o día haberá actividades para nenos, adultos e familia.

E o domingo, 18 de decembro, porase fin ao concurso de Tapas de Nadal na hostalería de Taboada.

A Xunta de Galicia apoia o mercado Petiscos de Nadal

A Xunta de Galicia apoia o mercado Petiscos de Nadal, que se celebra esta fin de semana en Taboada, co patrocinio da actuación de Xabier Díaz e as Adufeiras de salitre. O evento foi presentado esta mañá na Delegación Territorial de Lugo polo delegado, Javier Arias, e o alcalde do municipio, Ramiro Moure.

O concerto terá lugar o sábado ás 19.00 horas na Praza de Riazón, onde estará instalado o mercado. Ao longo da xornada desenvolveranse outras actividades, como a actuación da banda de rock infantil “A Gramola Gominola” ou un espectáculo e obradoiro de maxia a cargo do mago Deimi.

Ademais, desde o venres e ata o domingo celebrarase o concurso de tapas entre os establecementos de hostalería de Taboada.