Skip to main content
Axenda CaducadaLáncara

A Pobra de San Xiao celebra o día 16 a súa III Ruta das tapas

Por 3 Decembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A parroquia da Pobra de San Xiao, no concello de Láncara, celebra o vindeiro venres 16 de decembro a súa tradicional ruta das tapas.

Esta iniciativa que con este ano chega a súa terceira edición, celebrarase entre as 19.00 e as 00.00 horas e os establecementos participantes serán un total de sete.

O prezo das tapas que ofrezan os negocios que participan no concurso será de 1,50 euros e os clientes que se animen a participar, entrarán no sorteo de 7 baúis (un por cada local), unha cesta e un cheque por valor de 350euros.

Os establecementos participantes nesta terceira edición son: Convero, Refugio, Puchas, Mesón do Cosme, Xeitoso, Avenida, Mesón do Neira.

Esta iniciativa está organizada pola Hostalería de A Pobra de San Xiao en colaboración co Concello de Láncara.