Skip to main content
O Incio

O político Vázquez Portomeñe presenta as súas últimas publicacións no Incio

Por 21 Decembro, 2022Febreiro 1st, 2023Sin comentarios

O Incio acolle a presentación das dúas últimas publicacións do político Víctor M. Vázquez Portomeñe este xoves, 22 de decembro, ás 17.00 horas no Concello do Incio.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, ex-conselleiro da Xunta de Galicia e promotor do rexurdimento do Camiño de Santiago, presentará ‘Testigo y parte’ e ‘Brianda de Moás’, obras editadas por Hércules de Ediciones, acompañado polo alcalde do Incio, Héctor Manuel Corujo González; o xornalista Lois Celeiro; e o presidente de Hércules de Ediciones, Francisco Rodríguez Iglesias.

Testigo y parte

Neste libro os protagonistas son os recordos e opinións de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, a súa visión como político, pero tamén como cidadán, todo iso aderezado con “segredos de Estado” da nosa historia máis recente: prolegómenoes/prolegómenos, iniciativas, tensións, receos, enfrontamentos, filtracións e substitucións.

De todo un pouco, na política como na vida.

Brianda de Moás

Trátase da súa primeira novela, que está ambientada na Galicia medieval.

Cunha mestura entre o real e o imaxinario, a crónica e a anécdota, o verosímil e o realista, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe compón un fresco histórico e medieval, unha obra con enorme capacidade expresiva, unha insólita mostra de literatura na que xeografía e historia, topónimos e nomes propios de fai máis dun milenio entrecrúzanse na suposta memoria dun particular cronista.