Skip to main content
O Incio

O Incio celebra unha xornada formativa en materia dixital

Por 13 Decembro, 2022Sin comentarios

Mañá a partir das 10.15 horas terá lugar unha xornada formativa en materia dixital para os veciños e veciñas do Incio.

O Concello do Incio promove esta actividade para informar sobre os trámites que os cidadáns poden realizar dende as súas casas de forma dixital.

Ademais, as persoas encargadas de impartir a charla ofrecerán a posibilidade de emitir o certificado dixital ou a clave permanente a quen o desexe, se non a teñen.

O obxectivo é promover que os cidadáns teñan unha relación tranquila e asumible coas administracións públicas e así xestionar os seus problemas de forma sinxela.