Skip to main content
Axenda CaducadaLáncara

Láncara acolle unha visita de Papa Noel

Por 20 Decembro, 2022Decembro 21st, 2022Sin comentarios

Papa Noel visitará o Concello de Láncara, que organiza, dentro das actividades de Nadal, unha gran festa o vindeiro 22 de decembro de 16.00 a 19.00 horas.

Todos os nenos e nenas de Láncara deberán traer as súas cartas de desexos e agasallos de Nadal a Papa Noel, que as recibirá e pasará un rato con eles no Polifuncional do Campo da Feira.

Alí, ademais, haberá actividades como o pintacaras, xogos de baile e chocolatada para que as familias, adultos e pequenos desfruten dunha tarde máxica.