Skip to main content
Paradela

O Concello de Paradela celebra os seus 200 anos coa mostra ‘Paradela, senda infinita’

Por 13 Decembro, 2022Sin comentarios

A mostra itinerante “Paradela, senda infinita” foi presentada no Centro Sociocultural Luís Seoane do Concello do Pino con motivo de celebración do bicentenario do Concello de Paradela.

A mostra, promovida polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia, Abanca e Endesa; repasa a historia de Paradela ao longo de 16 paneis.

Xunto co de Santa María de Castro de Rei de Lemos, agora parroquia de Paradela, foi dos primeiros concellos constitucionais.

Nas súas redes sociais, o Concello de Paradela presumiu desta mostra, e desde o goberno municipal defenden que é “unha senda infinita de natureza e vida”, e parte esencial do Camiño Francés a Compostela, que “acubillou vida desde hai milenios e navegou camiños de auga que, mesmo represados, son fonte de vida”.