Skip to main content
Paradela

Preséntase a segunda edición do libro ‘Vocabulario de Paradela’ de Manuel-Ramiro Pallares López

Por 14 Decembro, 2022Decembro 16th, 2022Sin comentarios

Este mediodía ás 13.00 horas, e con motivo do bicentenario do Concello de Paradela, preséntase a segunda edición do libro ‘Vocabulario de Paradela’ de Manuel-Ramiro Pallares López. O acto terá lugar no Pazo de San Roque de Santiago, sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

A edición do libro correu a cargo do Colectivo Egeria e o Concello de Paradela, dentro das actividades do bicentenario, nas que colabora Endesa e da Xunta de Galicia e na presentación do mesmo participan o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez; o Alcalde de Paradela, José Manuel Mato Díaz, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Vida e obra do autor de ‘Vocabulario de Paradela’

Manuel-Ramiro Pallares, escritor, investigador, avogado e secretario de Administración local, naceu na Abelaira (Paradela) en 1911, e morreu en 1994 en Paradela, onde residía desde a súa xubilación.

Investigou na cultura e na lingua do seu concello, e froito desas investigacións escribiu un refraneiro e un cancioneiro e o ‘Vocabulario de Paradela’.

Este vocabulario comprende as partes do corpo, nomes de familia, partes da casa, o carro e instrumentos de labranza, moblaxe, traballo do campo, da casa e artesán, muíño, festas, indumentaria, alimentos, plantas, animais, o tempo… e resulta un instrumento imprescindible para comprender a vida e a sociedade do concello de Paradela.

A Diputación de Lugo foi a encargada de publicar a primeira versión do libro en 1990, que quedou totalmente esgotada, o que promoveu que, trinta e dous anos despois, o Concello de Paradela impulsara unha segunda edición facsimil da anterior.

Así o fixeron, de acordo co Servizo de Publicacións da Deputación e a familia do escritor, con motivo de que Paradela celebre os 200 anos da súa creación como Concello.