Skip to main content
Paradela

Pechan a Ruta do Loio de Paradela debido ás chuvias

Por 30 Decembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Paradela informa á cidadanía de que pecha a Ruta PR-G14 máis coñecida como ‘Ruta do Loio’.

As chuvias son as culpables desta decisión, xa que os últimos días o volume das precipitacións supuxeron que algúns puntos da ruta chegasen a estar intransitables pola acumulación de lodo.

Esta ruta segue o curso do río Loio dende Paradela ata que desemboca no Miño á altura do núcleo de Loio. É un dos maiores atractivos do municipio ao formar un belísimo camiño fluvial polos bosques que percorre cascadas, muíños, pontes, carballeiras e capelas.

Espérase que nas vindeiras semanas poida volver a estar aberta ao público, aínda que é mellor desfrutala en temporadas do ano con mellor tempo.