Skip to main content
O Páramo

Alumnas do Páramo do Programa Integrado de Emprego reciben os seus diplomas

Por 2 Decembro, 2022Sin comentarios

O Programa Integrado de Emprego, no que participa o Concello do Páramo xunto cos outros coma o de Palas de Rei, Antas de Ulla, Portomarín, Guntín e Monterroso, vén de realizar a entrega de diplomas ós seus participantes.

Esta iniciativa que formou a un centenar de participantes está promovida polos Concellos de Palas de Rei, Monterroso, Portomarín, Guntín, Antas de Ulla e o Páramo e conta co financiamento da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade.

Os seus participantes recibiron os diplomas acreditativos da súa formación da man dos alcaldes de Palas de Rei, Pablo Taboada; Monterroso, Rocio Seijas; Portomarín, Pablo Rivas; Guntín, Maria José Gomez e o do Páramo, José Luis López así como da Xefa Territorial de Emprego e Igualdade, Pilar Fernández.

O Programa Integrado de Emprego ademais de contar con participación dos concellos que o promoveron, tamén acolleu ás participantes dos concellos de provincia da Coruña como Melide, Arzúa, Sobrado, Boimorto, Toques e Santiso.

As mulleres participantes no mesmo, contaron con orientación laboral por parte das técnicas do programa, levándose  a cabo a labor de prospección e intermediación laboral nos citados concellos, para así fomentar a inserción laboral.

Leváronse a cabo un total de 376 accións formativas, repartidas en  30 cursos do catálogo de especialidades formativas do SEPE de distinta temática entre os que cabe destacar: ofimática, firma electrónica, condución de carretillas elevadoras, inglés profesional para o turismo, comunicación dixital, monitor de tempo libre ou limpeza en instalacións e equipamentos industriais. Así como tamén se desenvolveron as prácticas nas empresas da zona para acadar unha mellor cualificación e procurar a inserción laboral, ademais de atopar persoal cualificado para as empresas.