Skip to main content
Samos

Samos acollerá mañá sábado un paseo guiado con Guido Álvarez e Xaime Fernández

Por 2 Decembro, 2022Decembro 3rd, 2022Sin comentarios

O concello de Samos contará esta fin de semana cos guías de turismo Guido Álvarez e Xaime Fernández nun paseo guiado que terá lugar mañá sábado día 3 ás 11.00 horas.

A actividade que correrá a cargo de Guido Álvarez Parga e o historiador Xaime Fernández (que vén de acreditarse neste 2022 como guía oficial de turismo de Galicia), seguirá un itinerario que comezará e rematará no parque do Salvador e terá unha duración total de 3 horas.

O custo do paseo é de 10 euros por persoa e tódolos interesados poden apuntarse no enderezo de correo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com.

O guía Guido Álvarez

O Guía Oficial de Turismo de Galicia Guido Álvarez Parga, naceu no barrio do Carme de Lugo no ano 1985.

Entre tódalas súas experiencias profesionais exerceu como guía acompañante, informador turístico, técnico en observatorios turísticos, consultor, axente de viaxes, enquisador, doutorando, recepcionista, guía de museo, promotor, coordinador de produto e colaborador en diversos medios de comunicación.

Traballou tamén organizando excursións e viaxes polo mundo, por Galicia, e sobre todo pola provincia de Lugo e de xeito paralelo foi desenvolvendo grazas ás redes sociais unha comunidade de persoas coa que semana tras semana quedaba para pasear, para ir a tomar unhas tapas ou para ir a concertos.

Toda esta acumulación de experiencias concluíu co seu proxecto persoal Guido Guía! Co que organiza paseos, visitas, excursións e viaxes.