Skip to main content
Sarria

A Casa da Cultura de Sarria acolle mañá venres unha sesión de cine de Nadal

Por 1 Decembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A Casa da Cultura da vila de Sarria comezará maña venres día 2  coa proxección de películas de Nadal. A longametraxe elixida para facer desfrutar a tódolos asistentes é Arthur Christmas, Operación Regalo.

A sesión de cine comezará ás 17.30 horas e está aberta a todo o público que desexe asistir.

O filme

Arthur Christmas, Operación Regalo conta a historia de como Santa Claus cre que o seu reinado está chegando á súa fin e sinte que se achega xa hora de xubilarse. Confía en que o seu fillo Steven, que é moi eficiente e responsable, aínda que non moi alegre, estea preparado para tomar o relevo inmediatamente. Con todo, ese Nadal xurde un problema xa que un dos 600 millóns de nenos e nenas ós que tiña que visitar, quédase sen o seu regalo.

A crítica

Arthur Christmas, Operación Regalo foi unha película que contou cunha moi boa acollida por parte da crítica. Nos premios Globos de Ouro optou ó premio como Mellor longametraxe de animación, nos Premios Annie á Mellor dobraxe e optou tamén a outros coma o de Mellor película de animación nos Premios BAFTA ou na Asociación de Críticos de Chicago.