Skip to main content
Sarria

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria presenta a Campaña de Nadal para este 2022

Por 7 Decembro, 2022Decembro 8th, 2022Sin comentarios

Como vén sendo habitual na vila, un ano máis, membros da Asociación de Comerciantes e Empresarios – CCU de Sarria reuníronse hoxe día 7 de decembro ás 13.00 horas no establecemento Duet Moda para presentar a Campaña de Nadal.

Ricardo Arias, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios – CCU de Sarria, foi o encargado de presentar e explicar tódalas actividades previstas para a campaña de Nadal de este ano, acompañado por Iria Vila, empregada deste establecemento.

Trátase dunha campaña que este ano estará chea de actividades e premios para animar a tódolos veciños e veciñas a participar nela e así dinamizar o comercio local.

Dende a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria apostan por dar vida ó Nadal, embelecendo as rúas coa iluminación e os escaparates dos seus comercios con decoración do Nadal. O comercio e hostalaría da vila desexa transmitir alegría e ilusión nestas datas.

A campaña comezará o vindeiro xoves 15 e ata o 31 de decembro estará nas rúas de novo O Lotón, na súa sexta

edición. As compras entre as datas sinaladas farán que un/unha cliente do CCU de Sarria gañe 1.000 euros, que terá que gastar de novo no comercio asociado. Esta é a actividade central da

campaña, cun premio moi apetecible entre os consumidores do CCU. 1.000 euros que premiarán a fidelidade dos consumidores ó pequeno comercio.

A persoa premiada terá que facer as súas compras antes do día de Reis. O sorteo terá lugar no bulevar da Calvo Sotelo o día 4 de xaneiro.

Ademais, os establecementos asociados poderán participar un ano máis no concurso de escaparates que ten como obxectivo a posta en valor dos negocios locais a través das votacións do público nas redes sociais.

Por outra banda, a vila de Sarria contará con animación nas rúas para Nadal, virá o Papá Noel do CCU de Sarria e un dos seus axudantes, e os clientes e viandantes poderán sacar fotos con eles, que posteriormente se subirán ás redes.

Dende a Asociación buscan a maior implicación do comercio local e hostalaría, cos veciños e veciñas da Comarca así coma que todos e todas apoien o comercio de proximidade.