Skip to main content
Sarria

Os nenos da Anpa do Frei Luís de Granada visitan as Aldeas de Lalín

Por 19 Decembro, 2022Decembro 26th, 2022Sin comentarios

A Anpa do colexio Frei Luís de Granada de Sarria organizou unha viaxe para os nenos e nenas da asociación na que foron en tren ás Aldeas de Nadal de Lalín. Alí, recibiunos a concelleira de comercio.

Os nenos e nenas puideron desfrutar dun paseo pola vila, onde pararon a comer. Despois do paseo, foron visitar as seis aldeas e subiron ao tren de Nadal que percorre a vila.

Para finalizar, á tarde puideron ver a actuación do home orquestra.

Fin de Ano no Frei Luís de Granada

Esta actividade de Nadal encádrase dentro das iniciativas da comunidades educativa do colexio, que celebrará o próximo 22 de decembro o Fin de Ano para todo o alumnado, no que poderán participar tamén as familias.

Haberá chocolate con churros e un super bingo e terá lugar en horario escolar. E pola tarde seguirá a festa cunha super recepción con villancicos, zumba e guitarra. Ademais, Papa Noel virá ao cole cun detalle para os peques e a recoller as súas cartas.