Skip to main content
Sarria

Reyes Abella critica que a Xunta non convidara a ninguén do goberno sarriao para a supervisión das obras na LU-633

Por 30 Decembro, 2022Sin comentarios

A concelleira do Camiño de Santiago e de Cultura de Sarria, Reyes Abella, critica a falta de respecto institucional da Xunta de Galicia co Concello de Sarria ao non convidar a ningún representante do goberno local á visita realizada onte polo delegado territorial en Lugo, Javier Arias, para supervisar a mellora da seguridade nun treito da estrada LU-633 que coincide co Camiño Francés en Barreiros.

“Gústelle ou non ao delegado territorial da Xunta, de momento os representantes do Concello son de Camiña Sarria e nin o alcalde nin tampouco ningún concelleiro do goberno local foi convidado a ese acto. O delegado convertiu unha visita institucional nunha foto de partido para promocionar aos cargos do PP de Sarria e agardamos que esa falta de respecto institucional non se volva producir”, indicou a concelleira.

“Xa sabemos que faltan menos de cinco meses para as eleccións, pero en aras dun bo entendemento entre Administracións sería bo que non se perderan as formas”, engadiu Reyes Abella, que ademais considerou “un chiste que o delegado territorial acuda a Sarria a facerse unha foto cos compañeiros de partido tras un investimento de 12.200 euros”.