Skip to main content
Sarria

Os gañadores do Tapicheo 2022 de Sarria foron Cubano, Barullo e Dp Cristal

Por 31 Decembro, 2022Xaneiro 1st, 2023Sin comentarios

O concurso de tapas Tapicheo 2022 de Sarria xa elixiu os seus tres gañadores mediante a observación e a análise dun xurado profesional, cuxa opinión coincidiu coas dos clientes.

O bar Cubano, o Barullo e Dp Cristal, por esta orde, foron os establecementos máis votados polo público e foi a orde no que quedaron tras a deliberación do xurado profesional, integrado na súa totalidade por mulleres.

Ana López, Eva Quiroga e Laura Ramos foron as encargadas de tomar a decisión, que acompañadas das concelleiras Geni Valcárcel e Reyes Abella, percorreron na noite do martes os locais finalistas: Cubano, Barullo, Dp Cristal, pizzería Salento, bar Don Pepe e cafetería Santiago.

A tapa do bar Cubano, “Saam de pack choi con porco celta ao wok”, recibiu o primeiro premio, mentres que o segundo posto foi para “Por fin xuntos” de Barullo Tapería e o terceiro, para “Jayuva”, de Dp Cristal. Salento quedou en cuarto lugar; Don Pepe, en quinto, e Santiago, sexto.

Os tres establecementos gañadores recibirán os seus premios durante a gala da hostalería da comarca, que se adoita celebrar nos primeiros meses do ano, despois das festas de Entroido.