Skip to main content
Triacastela

Triacastela organiza a I Xuntanza de 2023 para a noite de Aninovo

Por 29 Decembro, 2022Decembro 30th, 2022Sin comentarios

O pavillón do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela acolle durante a noite de Fin de Ano a I Xuntanza 2023.

A festa, que terá lugar despois das campanadas e das uvas, arrancará a partir das 1.30 horas no colexio e non se pasará frío, xa que contarán con cañóns de calor.

Nesta festa organizada polo Concello do municipio, actuará o grupo musical Dúo Dilema e haberá baile, doces, photocall e cotillón.

Ademais, ao rematar a noite, ofreceranse sopas de allo e chocolate con churros no Bar Escondite.