Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz instala dous puntos de carga de vehículos eléctricos

Por 1 Decembro, 2022Decembro 2nd, 2022Sin comentarios

Calquera persoa pode facer uso deles a través da aplicación móbil ACCIONA recarga VE, na que se reserva hora.

O Concello de Guitiriz vén de instalar no Campo da Feira dous puntos de carga de vehículos eléctricos, co obxectivo de fomentar e facilitar a mobilidade sostible entre os veciños e veciñas do municipio.

Calquera persoa pode facer uso destes puntos de carga a través da aplicación móbil ACCIONA recarga VE na que se fai a reserva de hora. Hai un tempo límite de uso e unha vez acabada a carga é obrigatorio retirar o vehículo, podendo recibir unha multa no caso de non facelo.

O prezo estipulado é de 0,25€ por Kw/h. e fíxase en base ao prezo unitario da enerxía eléctrica. Para o pago deben seguirse as instrucións da pasarela habilitada.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explica que “se queremos fomentar unha mobilidade sostible é necesario que a xente teña á súa disposición medios para facer ese cambio” e adianta que “vamos analizar como funcionan estes dous puntos de carga para propoñer a súa instalación noutros lugares do municipio”.