Skip to main content
Cospeito

Arranca a biblioteca rural de Pino, que programa xa un contacontos este mes

Por 5 Decembro, 2022Decembro 6th, 2022Sin comentarios

Esta fin de semana a Asociación Recreativo Cultural San Martiño de Pino abriu as portas dunha biblioteca rural na escola de Pino que a partir de agora terá de horario os venres de 18.00 a 20.00 horas e os domingos de 10.30 a 13.00 horas.

Para poñer en marcha esta iniciativa, a asociación contou co doazón de libros por parte do CEIP Virxe do Monte da localidade. Son títulos que xa non se empregaban na biblioteca do centro e que aportan á futura biblioteca dende grandes clásicos a enciclopedias e outros libros de consulta para todas as idades. Tamén contaron coa aportaación da Mancomunidade de Montes A Corva para esta iniciativa.

O primeiro acto oficial que acolleu foi a entrega do premio do Certame de Poesía Torre de Caldaloba pero a intención é ter un programa cultural. Así xa teñen previsto un contacontos de Nadal da man da Profe Alba Infantil.

Será o venres 23, ás 17:00 no local social da Escola de Pino. Trátase dunha actividade gratuita e aberta a todos os nenos e nenas, socios ou non da Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino.

Para participar hai que poñerse en contacto coa asociación chamando a calquera dos membros da directiva ou por mensaxe privada nas nosas redes.