Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

José Antonio López Sierra pasa a encabezar a directiva do GDR Terra Chá

Por 15 Decembro, 2022Sin comentarios

O GDR Terra Chá celebrou esta semana a súa asemblea xeral na casa da cultura de Vilalba co obxectivo de renovar a súa directiva, que agora para a encabezar José Antonio López Sierra, que é presidente da Fundación Blas de Carboeiro. Este substitúe a Fe Legaspi Valiña.

Ademais,, estará como vicepresidente José Ulla Roca, alcalde de Begonte; Juan Manuel López Labrada, da Agrupación Deportiva de Veteranos de Cospeito, ocupa o cargo de secretario e como tesoureiro actúa Jaime González Penelas, do Tércor Tera Chá.

Tamén se aprobou unha modificación de estatutos aos efectos de realizar reunións telemáticas. Foi asinado o convenio de colaboración entre o GDR e Agader para o ano 2023 e comentouse que previsiblemente vai haber unha nova convocatoria de axudas Leader para o ano 2023.

Esta convocatoria de axudas será publicada no DOG nos próximos días (finais de 2022 ou no mes de xaneiro de 2023). Non obstante o prazo para solicitar axudas Leader xa está aberto.

E por último foi aprobado a matriz DAFO e o borrador da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo Leader 23 – 27.