Skip to main content
Comarca LUGOXAComarca TERRACHÁXADeportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXARibadeo

Moi boa asistencia malia o vento racheado no XV Aberto do Galo de Ribadeo

Por 24 Decembro, 2022Decembro 25th, 2022Sin comentarios

Por Asociación O varal. Daniel Rodrìguez Saavedra.

Disputouse no campo de fútbol da Faxarda o XV Aberto do Galo, correspondente a sexta xornada da LNB da conferencia NorLeste da tempada 2022/2023.

Moi boa asistencia nun día no que o vento racheado foi protagonista indesexado e molesto que xogou cas billardas ao seu antoxo e puxo en apuros os palanadores que se deron cita ( 54 homes, 13 donas e 5 cativos).

Xa que logo, as puntuacións foron en xeral cativeiras e por baixo dos vinte puntos agas os catro que acadaron as finais.

Charli, o zurdo de ouro dos Carabullo, sigue na súa liga particular poñendo terra por medio cos seus perseguidores, ainda que hoxe atopouse ca volta a competición do musical billardeiro, o tricampion nacional Markytos, que lle plantou cara igualándolo a puntos e foi quen de gañarlle nun reñido desempate polo primeiro posto.

Con un punto menos, Manu Caldeiro e David Navallo loitaron polo terceiro chanzo do podio que acadou o dos troitas.

En donas, Geni e Irea coparon o primeiro posto compartido e Aroa e Cris pola sua parte compartiron o segundo.

En infantis, Mateu e Diego cos mismos puntos foron superados por Alba que  tivo un moi bo día e tomou o relevo da súa compañeira Antía.

Manu Caldeiro, no primeiro golpe da súa quenda, zoupoulle a billarda con tal forza que a mandou polo medio do varal, acadando un soberbio varado.

Por equipos, Troitas Bravas, acadaron por terceira volta consecutiva o primeiro posto e tamén se destacan como dominadores da xeral. Carabullo foi segundo e Chainzos-Cadaval terceiros.

Rematamos a xornada ca entrega duns lotes de productos de Nadal para os campións e chuches para os cativos.

A liga regular retómase o dia 8 de xaneiro co I Aberto da Irmandade no pintoresco e veciño Castropol, Asturias.

As clasificacións logo desta xornada quedan deste xeito:

Individual:

  • Charli (Carabulllo) 119 p.
  • David Navallo (Troitas Bravas) 111 p.
  • Manu Caldeiro (Billarda Verde) 108 p.
  • Regueiro (Troitas Bravas) 108 p.
  • Daniel (Billardeiros Musicais) 106 p.

Donas:

  • Aroa (Billardeiros Musicais)   88 p.
  • Geni (Billardeiros Musicais)   75 p.
  • Irea (Carabullo)   64 p.

 

Equipos:

  • Troitas Bravas (A Pontenova) 460 p.
  • Carabullo (Ponte de Outeiro) 447 p.
  • Billardeiros Musicais (Ribadeo) 433 p.