Skip to main content
Axenda CaducadaBegonte

Begonte abre esta fin de semana o seu Mercado de Nadal

Por 12 Decembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Concello de Begonte contará esta fin de semana, 17 e 18 de decembro, co anunciado Mercado de Nadal, na súa segunda edición, que se celebrará o sábado e o domingo na praza Irmáns Souto Montenegro aumentando con respecto ao primeiro ano.

Xa está confirmada a participación de máis de 40 expositores, case o dobre do ano pasado que foron 25, que ofrecerán todo tipo de produtos, principalmente orientado a estas datas que nos ocupan pero también doutro tipo. Así poderá mercarse artesanía, agasallos, alimentación, produtos naturais, manualidades, cosméticos naturais, roupa e moitas outras cousas.

O mercado estará aberto entre as 12.00 e as 21.00 horas os dous días e ao finalizar a feira, o domingo pola tarde, sortearase unha cesta de nadal entre todos os compradores.

Ademais, haberá atraccións gratuítas para os pequenos durante todo o día. Tamén contarán con postos de polbo e churrasco para completar a oferta.

Con motivo da celebración do mercado, o acceso á praza Irmáns Souto Montenegro permanecerá pechado ao tráfico dende o xoves ás 8.00 horas ata o luns 20, polo que tanto a praza como a rúa de acceso deberán quedar libres de vehículos antes desa hora.