Deportistas, familiares e simpatizantes do Concello de Begonte FS reuniranse esta noite de venres na cea de nadal, que se celebra no restaurante Paz y Ana a partir das 22.00 horas.
Os asistentes contarán con entrantes, costela asada, tenreira asada, postres, viño, café e chupito para xantar, todo amenizado por Verónica Cambón.
O prezo será de 25 euros para adultos e 15 para os menores de 12 anos. A recollida de tickets faise no pavillón de Baamonde ou no teléfono 616 706 374.
