Skip to main content
Begonte

Begonte impulsa un gran programa de Nadal

Por 21 Decembro, 2022Xaneiro 12th, 2023Sin comentarios

Begonte continúa a desenvolver esta semana as súas actividades do programa de Nadal que se abriron oficialmente a pasada fin de semana coa celebración do Mercado de Nadal, na súa segunda edición, que contou cun gran éxito de público e de postos de venda.

Outra das actividades que falaron de Nadal ata o de agora foi a campaña de recollida de alimentos que todos os anos realiza o Concello e que rematou o día 16.

O gran acto de hoxe, mércores, é a I Carreira Solidaria San Faiuquiño, organizada polo CEIP Virxe do Corpiño con fin s solidarios.

Así, e tamén dentro do programa, entre hoxe e mañá terán lugar as audicións dos estudantes de música da localidade, na escola de Baamonde. Así, hoxe, ás 19.00, será a vez das de piano, percusión e trompeta, e mañá, ás 20.00 horas, as de saxofón, gaita e percusión tradicional.

Estas actuacións rematarán o vernes cun ensaio aberto nas instalacións da escola, ás 20.00 horas.

O venres 23 será un dos días grandes para os pequenos da vila pola visita que Papá Noel efectuará aos pequenos ás 17.30 horas para recibir as súas peticións. Será no Concello de Begonte pero é necesaria inscrición previa (hoxe último día para anotarse).

Tralos días propios de Nadal, o luns 26 a Apalpadora estará en Begonte, no telecentro, para contar contos e compartir unha tarde coa cativada, a partir das 18.00 horas.

Tamén o teatro terá o seu espazo na programación, coa obra O Velorio, a cargo de Borguete Teatro, na casa da cultura, o mércores 28 ás 20.00 horas.

Dous actos serán os principais co cambio de ano. O día 3 está prevista a tradicional excursión a Xuvenlugo. Para participar nesta viaxe, que ten un prezo de 5 euros, será necesario inscribirse antes do día 30 nas instalacións municipais.

E o prato final das festas de Nadal será a tradicional cabalgata, que se celebrará o xoves 5 a partri das 17.00 horas. Se o tempo o permite haberá percorrido polas rúas. Se non é así, os Reis recibirán aos pequenos no pavillón municipal de Begonte.