Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O Concello de Castro de Rei licita de novo a xestión da escola infantil

Por 16 Decembro, 2022Decembro 18th, 2022Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei volveu iniciar por quinta vez o proceso de licitación para adxudicar a xestión da escola infantil municipal Manuel López Besteiro.

O proceso inciouse tras rematar o contrato anterior polo que volveu saír a licitación, no pasado mes de xuño, cun orzamento de 161.855,67 euros. Xa a finais de xullo volveuse a licitar, malia que nesta segunda ocasión subiuse o prezo case un 10%, 178.041,23 euros, pero reafirmouse a mesma situación, non se presentaron ofertas.

Así, o Concello chairego volveu a iniciar a licitación, por terceira vez, subindo outro 10% o orzamento, é dicir, 195.845,35 euros, e informando de que o contrato ten unha duración de dous anos prorrogables a un máis e na seguinte a contía foi de 205.637,61 euros.

Nesta última ocasión a licitación, aínda en curso, está establecida en 215.919,49 euros e o alcalde da localidade, Francisco Balado, explicou que xa manifestaron interés varias empresas polo que espera poder facer unha axudicación una vez rematado o proxecto.

A necesidade a satisfacer consiste na atención integral dos nenos e das nenas de 3 meses a 3 anos que compoñen a Escola Infantil Municipal, tanto nos seus aspectos educativos, coma de coidado, hixiene e alimentación dentro do horario da escola. Son actualmente 40 pequenos e pequenas os que hai que atender na escola infantil.

Francisco Balado asegurou que a dificultade para atopar empresa que xestionara o servizo estivo condicionada pola alza de prezos e a inflación. “A xente está preocupada por cal vai ser o prezo final da enerxía polo que dá un pouco de medo por si logo os prezos non lles cubren”, explica.

O alcalde afirmou tamén que a intención do concello é ampliar esta escola cun aula máis para o próximo curso debido á demanda que teñen.