Skip to main content
Axenda CaducadaCastro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Obradoiros, cabalgata e viaxe a Xuvenlugo concéntranse no Nadal de Castro de Rei

Por 22 Decembro, 2022Decembro 23rd, 2022Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei iniciará este sábado, 24 de decembro a programación de Nadal, que contará con obradoiros e visitas dos principais protagonistas das festas.

O primeior en achegarse polo Concello será Papá Noel, que estará o 24 de decembro ás 17.30 horas en Castro de Rei, no centro sociocultural, e ás 18.30 na casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea.

O 29 de decembro será o Apalpador o que faga parada no Concello, ás 18.30 horas. Traerá larpeiradas para os pequenos e estará acompañado da actuación dos Valuros.

O 5 de xaneiro será a vez dos Reis Magos. Ás 10.00 horas serán recibidos polo alcalde, Francisco Balado e continuarán o seu percorrido pola vila coa visita ás residencias de maiores de San Xoán de Castro de Rei, Domus VI, Cruz Vermella e Gardería municipal.

Ás 16.00 horas recibirán aos nenos coas súas peticións no teleclub de Castro de Rei e, ás 18.15 horas, sairá a comitiva para facer un percorrido por Castro Ribeiras de Lea tamén onde recibirán aos pequenos na casa da cultura. Rematarán cunha chocolatada con churros e a actuación do Mago David.

Ademais, nos dous puntos habituais haberá polas tardes obradoiros  de 17.00 a 18.15 horas. O luns 26 e o martes 27 serán de adornos de Nadal con arcilla, o primeiro día en Castro de Rei e o segundo en Castro Ribeiras de Lea. O 28 está organizado para todos a viaxe a Xuvenlugo e 29 e 30 de decembro será a vez dos contacontos. Nesta ocasión, comezarán en Castro Ribeiras de Lea.

Xa no mes de xaneiro, o día 3 realizarán en Castro Ribeiras de Lea un obradoiro de monicreques, que se repetirá o día 4 en Castro de Rei.