Skip to main content
Cospeito

Arranca hoxe en Muimenta unha nova edición do Mercado de Nadal

Por 1 Decembro, 2022Sin comentarios

A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, sigue desenvolvendo actividades, en especial encaminadas a estas datas navideñas.

Un ano máis, o Mercado de Nadal de Muimenta, que alcanza a súa XIV edición arranca hoxe, xoves 1 de decembro e rematará o xoves 5 de xaneiro do 2023 (en ambos días, celébrase a feira mensual da vila).

Partiparán un total de 28 negocios, repartíndose unhas 19.000 rifas entre os seus clientes e que serán Asesoría Suliña, Bar Alvariño, Café Bar A Praza, Calzados Iglesias, Desexos, Discoteca Hermo, Docería Anllo, Estación de Servicio Lagas, Estanco José Raúl Rodríguez Vázquez, Farmacia Castaño, Fisioterapia Nancy Maseda, Froitería Novo, Librería Díaz, Mercedes Abelleira Riveiro, Mercería Teresa García, Óptica Filo, Panadería Hermo, Parrillada Bañal, Perruquería Ofelia, Perruquería Raquel, Perruquería Velica, Piensos Germán Naval Lage, Reparaciones Agrícolas y Recambios Paris, Super Setti, Supermercado A Tenda, Talleres Álvaro Engroba, Talleres Morán e Veterinario José Pena Peteiro.

Os premios serán 19 vales de cen euros cada un para aos donos das papeletas que coincida cos tres últimos números do primeiro premio da Lotería de Reis, que se celebrará o vindeiro venres 6 de xaneiro do 2023.

Os gañadores terán que informar antes de que remate o luns 16 de xaneiro, de que posúen a rifa gañadora. Non será válido todo o que aparezca despois dese día, así como se se gaste o valor do premio antes da entrega do pertinente vale.

Ditos vales deben ser consumidos, coma sempre, nos negocios pertencentes ao colectivo empresarial, nos trintas días posteriores a súa entrega.

Esta iniciativa xurdiu no ano 2009, como unha maneira de incentivar as compras de Nadal nos negocios da parroquia.

Hoxe máis ca nunca, o colectivo empresarial de Muimenta, quere animar a toda a xente a consumir nos negocios e locais da vila, “xa que esta situación que estamos a atravesar, fai precisar, máis que nunca a colaboración de todos, xa que, os nosos veciños e amigos precisan de nós, e nós deles.”