Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

A asociación veciñal de Pino organiza unha viaxe a Vigo

Por 7 Decembro, 2022Sin comentarios

A Asociación Recreativo Cultural San Martiño de Pino volve a organizar este Nadal unha viaxe a Vigo para ver a iluminación. Nesta ocasión contan coa colaboración da Asociación Cruceiro de San Pedro de Seixas.

Nesta viaxe visitarán Padrón e a súa feira, para logo achegarse á cidade de Vigo e ver o seu alumeado. Realizarase o día 18 de decembro, domingo pero o prazo para anotarse acaba este venres, día 9 xa que é necesario reunir unhas 30 persoas.

O programa arranca coa saída ás 8.00 horas de camiño a Padrón, con parada para almorzar. Tras visitar esta localidade coruñesa e a súa feira, comerán na mesma localidade para chegar a Vigo onde está previsto visitar os mercados ata as 18.00 horas, cando de acenden as luces.

O regreso está previsto ás 20.00 horas.

No prezo, que é de 40 euros para socios e 50 para non socios, están incluídas as comidas e traslados.