Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

Arranca o programa de Nadal en Cospeito

Por 17 Decembro, 2022Decembro 18th, 2022Sin comentarios

O tradicional concerto de Asubíos da Chaira inaugurou a programación de Nadal do Concello de Cospeito, sesión que tivo lugar este venres, ás 20.000 horas, na casa da cultura da Feira do Monte.

Hoxe continuarán os actos festivos coa presentación dos libros do IV Certame Torre de Caldaloba, acto que se celebrará no Museo das Aves a partir das 17.00 horas. Unha hora máis tarde, na casa da cultura da Feira do Monte terá lugar a representación de O menciñeiro á forza, do grupo Os Baluros.

Paralelamente na casa da cultura de Muimenta terá lugar o concerto de Silvia Penide, que presentará o seu último album musical Diferentes diferenzas. Ten un prezo de 5 euros para adultos e 3 para nenos e nel sortearanse exemplares do traballo da artista. Os interesados en anotarse deberán facelo no número 628 602 322.

Os actos de Nadal continuarán o 24 de decembro, sábado coa visita de Papá Noel, que estará ás 17.30 horas na casa da cultura da Feira do Monte.

Tralo día de Nadal, o martes e o mércores están previstos un obradoiros infantís entre as 10.00 e as 13.00 horas para nenos de 3 a 12 anos. O primeiro día será na Feira do Monte e o segundo en Muimenta.

Rematarán o ano cun bingo, de novo na Feia do Monte, a partir das 18.00 horas do día 30.

A programación reforzarase en xaneiro coa tradicional Cabalgata dos Reis Magos, que percorrerán o termo municipal dende as 17.30 horas, con saída do pavillón municipal da Feira do Monte.

Tamén haberá inchables e chocolate con churros. Non faltarán os tradicionais agasallos.

O programa chegará ao seu fin o día 7 co Festival de Nadal de Corais, na casa da cultura da Feira do Monte ás 20.30 horas.