Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

Espectáculo de circo este xoves en Muimenta

Por 28 Decembro, 2022Sin comentarios

A Casa do Deporte de Muimenta acollerá este xoves, 29 de decembro, ás 19.30 horas, a actuación do Circo Chosco co espectáculo Oh-Pera, cando todo encaixa, espectáculo gañador do Certame Intergaláctico do Festaclown 2021.

Oh-Pera mestura de teatro, humor e circo, onde o realismo pálpase nas técnicas de circo cun risco totalmente real, en canto a equilibrios , acrobacias e técnicas aéreas levadas a cabo dunha forma creativa única e nunca vista. Cada acto ou paso que se dá, xera un cambio, unha evolución na relación dos personaxes, que os levará a situacións tan arriscadas como emotivas e por suposto divertidas.

Esta actuación está organizada por Xotramu en colaboración co Deputación de Lugo.