Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz adquire un punto limpo móbil

Por 3 Decembro, 2022Decembro 5th, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz ven de adquirir, a través dos fondos da Unión Europea do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, un punto limpo móbil para dar servizo de recollida de residuos nas distintas parroquias do municipio.

O automóbil, solicitado conxuntamente con Concello de Xermade, consta dun camión e dous contedores para dividir os diferentes residuos e facer unha correcta reciclaxe.

Así, o sistema permite recoller pilas e baterías; pequenos aparellos eléctricos; lámpadas e tubos fluorescentes; téxtiles e calzado; voluminosos aparellos eléctricos e diversos aveños.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, tras recibir as chaves do novo camión destacou que “este punto limpo móbil permitirá, moi pronto, dar un servizo transversal de reciclaxe e complementar ao futuro punto limpo fixo do polígono”.