Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

Arranca o domingo unha nova edición de Btteando por Guitiriz

Por 5 Decembro, 2022Sin comentarios

BTTeiros Cova da Serpe e o Concello de Guitiriz poñen en marcha este domingo unha nova edición do programa BTTeando por Guitiriz, a quinta, unha iniciativa que integra unha serie de rutas en bici abertas para todos os públicos.

Arrancarán este domingo, 11 de decembro, e realizan un percorrido ao mes ata o día 14 de maio de 2023. En todas se disporá dun itinerario alternativo para os nenos e nenas a partir dos sete anos que queiran participar, os cales deberán ir acompañados por unha persoa adulta.

A primeira terá lugar polo pantano de San Xoán con saída e chegada ao campo da Feira de Guitiriz dende as 10.00 horas.

Sucesivamente irán en xaneiro ao Muíño da Ruxida, en febreiro farán a ruta da Pedra do Poeta Díaz Castro nos Vilares, en marzo tocarán as Canteiras de Miraz e en abril o Muíño de Baxoi. Rematarán en maio coa visita á Cova da Serpe.

É obrigatorio o uso de casco e levar unha peza de froita (aconsellable plátano) e auga. Pode haber algún cambio nas datas debido ao mal tempo ou algunha outra causa xustificada, casos nos que se avisaría coa maior antelación posible.

Todas as persoas interesadas poden inscribirse no concello ou a través do Club Btteiros Cova da Serpe ata o venres antes de cada ruta.