Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

Luz Campello presenta en Guitiriz o seu novo poemario

Por 13 Decembro, 2022Sin comentarios

O sábado 17 de decembro ás 12:30 horas terá lugar na Casa Habanera de Guitiriz a presentación do 3° poemario de Luz Campello, a poeta de Labrada que pertence ao colectivo Nova Poesía Guitirica NPG.

O acto está organizado pola AC Xermolos e a NPG Nova Poesía Guitirica e ademáis da autora participarán o presidente de Xermolos Alfonso Blanco, a escritora Marica Campo e a autora de Lareira de soños e fundadora da NPG Pastora Veres.

O poemario Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas está editado na colección Dombate da Editorial Galaxia sendo o terceiro de Luz Campello despois de Do corazón da terra (Xermolos) e O inventario do prohibido (Espiral Maior).

Luz Campello, responsable de Traballo Social no complexo hospitalario do CHUAC, é unha referencia polo seu compromiso feminista, que reflicte tamén na súa poesía, que foi musicada en diversas ocasións por cantautores como Sandra Tenreiro ou Sonia Levedinski.

Iniciouse na poesía a través de certames de Xermolos, foi premiada no Certame Rosalía de Castro e tamén foi unha das fundadoras do colectivo Nova Poesía Guitirica