Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

Guitiriz acolle mañá e o día 20 o Festival de Nadal con tres concertos

Por 15 Decembro, 2022Sin comentarios

Guitiriz acollerá unha nova edición do seu Festival de Nadal, que se repartirá en dúas sesións coa participación de tres grupos musicais.

O primeiro concerto será este venres, 16 de decembro, ás 20.30 horas na Escola Habanera da localidade. Actuarán a Escola de Banda de Música de Guitiriz.

O día 20, martes, están previstos dous concertos máis. Tamén na Escola Habanera actuará a UNED Sénior Coruña/Guitiriz, ás 11.30 horas. Mentres que a Escola e Banda de Música de Guitiriz estará no CEIP Santo Estevo de Parga, ás 19.30 horas.