Skip to main content
Guitiriz

Abre un novo prazo de matrícula para as vacantes nas escolas deportivas de Guitiriz

Por 28 Decembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz  abre hoxe e ata o próximo martes, 3 de xaneiro, o prazo para solicitar algunha das prazas vacantes nas diferentes disciplinas das Escolas Deportivas Municipais. As persoas que se inscriban nestas vacantes comezarán o 9 de xaneiro.

As vacantes existentes son en  ximnasia en Parga (2 prazas), tenis de mesa (4), zumba infantil (5), ioga (2), patinaxe (2), pádel (2) e pilates (3 prazas).

A matrícula poderá formalizarse de xeito presencial na casa consistorial, en horario de 8:30 a 14:30 horas con cita previa ou a través da sede electrónica municipal.

As prazas cubriranse por estrita orde de inscrición e non se poderá inscribir unha mesma persoa na mesma actividade en dous grupos diferentes. O prezo das actividades será de 12 euros ao mes por alumno/a e actividade e o prezo da matrícula de 10 euros, que se aboará unha vez que a persoa estea admitida na actividade solicitada.

O Concello de Guitiriz aplicará descontos na matrícula nos seguintes supostos: 20% aos membros de familias numerosas, 20% na segunda actividade por estar matriculado en dúas ou máis e, por último, para familias con poucos recursos (consultar en Servizos Sociais do Concello).